miércoles, 11 de febrero de 2009

Paréntese.


Ela chegou á casa no momento no que o reloxo do salón daba as once. Aquel outono estaba a ser moi frío, pero a pesar disto, non sentía ganas de regresar alí, pois non lle proporcionaba a calidez propia dun fogar. Alí esperábaa o seu home, malia que facía demasiado tempo que deixara de sentilo como tal. Bicáronse sen sentimento ningún, coma se se tratase dunha obriga, botando de menos os apaixonados bicos do comezo da súa relación. Naqueles tempos nos que unha mirada abondaba para expresar o torrente de emocións que os invadían.

Agora non había nada diso, pero xa non lle importaba. Tiña unha casa, un traballo, unha familia, a felicidade quedaba nun segundo plano. Había moito que aprendera a pensar así, e non quedaban bágoas que derramar nin nada que lamentar. Seguiría coa rutina de tódolos días, coas palabras frías e apáticas, coa volta incómoda das súas miradas ó se encontraren, co lombo espido polas mañás.

O reloxo deu as once e cinco e a muller seguiu coa súa vida.






Relato que escribí junto a una amiga para una clase, nos daban la imagen de "Los amantes - René Magritte", y teníamos que contar en una historia breve lo que nos sugería.
El título fue sugerido por mi primo, que tubo una buena idea con ese nombre, gracias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario